Conclusións da

mesa redonda sobre

 “O Ano da Memoria:

un primeiro balance”

IVª Edición de"Terra de Tod@s",

organizada por Verbo Xido (12/08/06)

 

 

Na Mesa Redonda participaron:

 

1º) Cando falamos de Memoria Histórica queremos considerar á Historia non como algo estático, do pasado, senón que é unha recreación feita no presente. Por tanto é unha construcción social viva e operativa para poder actuar no presente.

2º) Precisamos unha maior implicación do Goberno galego e das Administración do Estado para acadar:

-         A desaparición da simboloxía fascista das rúas, edificios e igrexas.

-         A nulidade dos Consellos de Guerra e demais actuacións xudiciais do franquismo que condenaron a xente inocente.

-         A recuperación dos corpos soterrados en fosas comúns.

3º) Pedimos unha maior implicación do Goberno galego no seu conxunto na potenciación das actividades para recuperar a memoria da represión franquista, que deben continuar máis alá do ano 2006. En particular solicitamos o futuro concurso da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, para axudar a transmitir á mocidade os valores democráticos e liberadores polos que morreron tantas persoas inxustamente e tamén para revisar e renovar os libros de texto e os materiais didácticos que aínda silencian a verdadeira historia do noso pasado recente.

4º) Debería realizarse unha declaración institucional por parte do Parlamento galego, condenando o réxime franquista.

5º) Hai que afondar máis na visión de xénero nos traballos de investigación sobre a represión, así como facer máis visibles ás mulleres no periodo da guerra e da posguerra.

6º) Consideramos insuficinte e inaceptable o proxecto de Lei sobre a Memoria Histórica presentado polo Goberno do Estado.

7º) É necesario dar maior importancia á recollida de memoria oral, pola idade avanzada das testemuñas máis directas.

8º) Debería facilitárselle o acceso tanto dos historiadores e investigadores como á cidadanía en xeral á totalidade dos arquivos nos que se gardan informacións sobre a represión franquista, sexan de carácter militar ou civil e de ámbito estatal, autonómico e local. Ao tempo, compre asegurar que os devanditos arquivos estean suficintemente organizados e dotados dos medios precisos, para que o devandito acceso sexa efectivo.

9º) Destacar o papel xogado tanto no Ano da Memoria como nos derradeiros anos, por parte dos colectivos e persoas individuais comprometidas no coñecemento e divulgación das múltiples facianas da represión franquista no noso país, na homenaxe ás vítimas e a difusión dos valores que sustentaron.

10º) Agradecer á Consellería de Cultura as posibilidades abertas este ano para poder realizar actos, publicar traballos e difundir as nefastas consecuencias do franquismo en Galicia e no resto do Estado, interesando á Consellería que un organismo como o recén constituído Consello da Memoria realice os cometidos para os que foi creado sen caer nun funcionamento ritual.

      

  En Cerdedo, 12 de Agosto de 2006.