Termos de uso do Portal Benega.info

O BNG de A Estrada-Deza (en adiante, benega.info), con domicilio social na rúa Xusto Martínez, 12-1º C de A Estrada, con C.I.F. G32014003, sendo o responsábel da páxina Xosé Manuel Baños García (correo: bngaestrada@benega.info), presta servizos de Internet co nome de Benega.info através da páxina principal localizada na URL: http://www.benega.info, así como en diferentes subdominios tamén propiedade de Benega.info e que complementan os servícios ofertados polo portal e recollidos nos termos das presentes Condicions Xerais:

PRIMEIRA.- A utilización de Benega.info así como os diferentes servizos ofertados polos diferentes enderezos que compoñen o portal son de carácter gratuito e sen perxuizo de que esta circunstancia poida variar de acordo coa Cláusula Novena destas condicions xerais ou polas condicions xerais de uso que regulen particularmente calquera dos servizos ofertados por Benega.info. Alguns destes servizos require o previo rexistro do usuario ou usuaria, para o cal é preciso que se dean de alta como usuario ou usuaria de Benega.info.

SEGUNDA.- Polo mero feito de usar Benega.info ou calqueira das diferentes páxinas electrónicas incluidas en Benega.info o usuário ou usuária manifesta a aceptación sen reservas das presentes condicions xerais.

TERCEIRA.- O usuario ou usuaria fica obrigado/a a non utilizar Benega.info nen os servizos ofertados dentro de Benega.info para a realización de actividades contrárias ás leis e en xeral a facer un uso conforme ás presentes condicións xerais. O usuario ou usuaria fica obrigado/a a non realizar a través do servizo actividades publicitárias ou de explotaciom comercial e a no remitir mensaxes utilizando unha identidade falsa, así como a non ocultar de ningunha maneira a orixe da mensaxe.

CUARTA.- Benega.info actua exclusivamente como prestador dun servizo de comunicación entre as partes, non facéndose responsábel dos contidos que, en contravención das presentes condicions xerais, as partes poideran enviar, sendo o usuario ou usuaria os unicos responsábeis da veracidade e licitude dos mesmos. De xeito especial, proibe-se a utilización dos servícios para a difusión de publicidade ou material insultante cara Benega.info.

QUINTA.- O usuario ou usuaria obrígase a respeitar as restriccións de uso de Benega.info e dos servizos que compoñen Benega.info estabelecidas por Benega.info en cada momento.

SEXTA.- Benega.info non é responsábel en ningún caso dos erros que poideran producirse nas comunicacións, incluido o borrado, transmisión incompleta ou retrasos na remisión, non responsabilizándose tampouco de que a rede de transmisión estea operativa en todo momento. Tampouco responderá Benega.info en caso de que un terceiro, quebrantando as medidas de seguridade estabelecidas por Benega.info, acceda ás mensaxes ou os utilice para a distribución de virus informáticos.
Benega.info adopta todas as medidas de seguridade legalmente exigidas para a protección dos dados persoais subministrados polo usuario ou usuaria. Porén, Benega.info non pode garantir a invulnerabilidade absoluta dos seus sistemas de seguridade, nen pode garantir a seguranza ou invulnerabilidade de ditos datos na súa transmisión pola rede.
Benega.info non garante a licitude, fiabilidade e utilidade dos contidos que os usuarios e usuarias transmitan coa utilización de Benega.info, así tampouco a súa veracidade ou exactitude. Benega.info non controla a utilización que os usuarios e usuarias fan de Benega.info, nen garante que o fagan conforme as presentes condicions xerais.
Benega.info non controla nen garante a ausencia de virus informáticos nos servizos prestados através de terceiros e que poden producir alteracions no sistema informático (software/hardware).
Os dispositivos de ligazón que o portal pon a disposición dos usuarios e usuarias teñen por único obxectivo facilitar aos mesmos a pesquisa de información dispoñíbel en Internet. Benega.info non asume en ningún caso a responsabilidade que se puidera derivar polo acceso ás páxinas electrónicas ligadas con Benega.info.

SÉTIMA.- Benega.info poderá interrumpir o servizo de Benega.info a un usuario ou usuaria e resolver de modo inmediato a relación co usuario/a se detecta un uso de Benega.info ou de calquera do servizos ofertados que se poidan considerar contrarios ás presentes condicions xerais.

OITAVA.- Benega.info resérvase o dereito de deixar de prestar calquera dos servícios ofertados por Benega.info, bastando para elo comunicalo na pantalla de acceso ao servizo cun preaviso de QUINCE (15) dias. Resérvase, ao mesmo tempo, o direito de modificar unilateralmente, en calqueira momento e sen previo aviso, a presentación e condicións de Benega.info, así como os servizos de Benega.info e as condicions requeridas para a súa utilización.

NOVENA.- Benega.info, en calquera momento pode modificar as presentes Condicions Xerais ou introducir novas condicións de uso de Benega.info e/ou dos servícios de Benega.info, incluido o cese da gratuidade. Ditas modificacións só serán de aplicación a partires da súa entrada en vigor.

DÉCIMA.- As partes, con expresa renúncia ao seu propio foro, aceptan como lexislación rectora do presente contrato, a española, e sométense para a resolución de cantos litíxios poideran derivarse do mesmo aos Xulgados e Tribunais de A Estrada.

Protección de datos

O Bloque Nacionalista Galego infórmache de que todos os datos facilitados a través de formularios electrónicos e/ou por meio do correo electrónico serán tratados con estrita confidencialidade, de acordo co estabelecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter persoal.

Podes exercer o dereito de acceso ao ficheiro, rectificación e cancelación dos teus  datos.  Para iso, podes  enviar por  escrito  unha  solicitude a:

Bloque Nacionalista Galego de A Estrada
Rúa Xusto Martínez, 12-1º C
36680 A Estrada

O BNG comprometese a utilizar de xeito responsábel e confidencial os datos, garantindo que os datos dos usuarios trataránse de acordo coas esixencias legais, e que tan só serán utilizados pola organización coas finalidades de comunicación, información e administración.

Asimesmo, os datos rexistrados son axeitados, pertinentes e non excesivos en relación co ámbito de actuación e as finalidades do BNG. O usuario responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados, reservándose o BNG o dereito a excluir dos servizos rexistrados a todo usuario que facilitase datos falsos, sen prexuizo das accións legais que fosen pertinentes para a defensa dos lexítimos intereses do BNG.